Friday 17 de May de 2024

A unidade móbil da ITV de ciclomotores estará no parque empresarial da Laracha o 15 de febreiro


Pódese reservar cita en liña ou por teléfono.

A unidade móbil da inspección técnica de ciclomotores estará na Laracha o xoves 15 de febreiro en horario de 9:00 a 13:30 horas
As persoas interesadas poden reservar cita previa na web www.sycitv.com ou no teléfono 902 309 000 (número de tarifación adicional).
O emprazamento da unidade móbil será no parque empresarial da Laracha, en concreto no aparcamento norte xunto á nave municipal (rúa D2).